Accesibilidade

Queremos unha accesibilidade universal e traballamos a diario pola eliminación das barreiras arquitectónicas e pola construción dun mundo accesible.

 

O nivel de discapacidade dunha persoa moitas veces está directamente relacionado co nivel de  accesibilidade do espazo onde estuda, onde traballa, onde se divirte onde vive. A posibilidade de movemento, percepción, comprensión e interacción determina o nivel de autonomía persoal, da autoestima, do desenvolvemento de obxectivos.

Dende xaneiro do 2004, a área de Accesibilidade presta asesoramento sobre axudas técnicas, ergonomía e supresión das barreiras, sendo estes a actividade principal:

Asesoramento xeral en materia de Accesibilidade.


Proxectos para adaptación da vivenda e o posto de traballo.

Plans de Accesibilidade xestionados polas Administracións Públicas.

A Área de Accesibilidade colabora habitualmente coas Administracións Públicas, colexios profesionais, empresas, fundacións, universidades e outras entidades na divulgación e formación en materia de deseño universal e supresión de barreiras.
Esta colaboración pode ser a través de:

-Conversas, exposicións e mesas redondas.
      

-Obradoiros de sensibilización.
      

-Accións formativas, con certificación de asistencia e aproveitamento.

 

Tamén podes contactar con este servizo no teléfono 981 574 698 ou no correo accesibilidade@cogami.gal

 

TURISMO ACCESIBLE E ACREDITACIÓN


Un dos proxectos de accesibilidade no que traballamos é de Turismo Accesible. COGAMI, xuntos con Equalitas Vitae, promovemos o turismo accesible e inclusivo en Galicia a través do desenvolvemento de plans de accesibilidade no sector turístico galego.

Dende COGAMI realizaranse estudos para diagnosticar as condicións de accesibilidade nos aloxamentos e na oferta turística e cultural con propostas de mellora nos casos de que existan carencias nesta materia.


Equalitas Vitae promocionará e posicionará os destinos que cumpran cos requisitos de accesibilidade establecidos tanto na páxina web www.equalitasvitae.com que é portal líder na promoción do turismo accesible en fala hispana como na APP Turismo Accesible, disponible en versión Android e IOS.