A Asociación de persoas con discapacidade do Condado e Paradanta - ADAPTA - ten programado un curso de fotografía que vai desenvolver dende o 4 de setembro ata o 30 de outubro, as tardes dos luns e mércores en horario de 17 a 19 horas.
As persoas interesadas en participar, terán que reservar praza antes do día 25 de agosto, chamando ao teléfono 986 916 012 ou 662 947 289 en horario de 8:30 a 15:00.
O curso terá un custo de 6 euros e impartirase nos baixos do centro Asprodico de Ponteareas.
Mantente ó día das novidades de COGAMI de xeito cómodo e sinxelo
COGAMI 2017 © Todos os dereitos reservados.