Adapta organiza un obradoiro de mantemento da memoria

O vindeiro 20 de maio está previsto que a asociación Adapta inicie un obradoiro de mantemento da memoria e de estimulación cognitiva, a través do programa Depo en Marcha, da Deputación de Pontevedra. Este programa da Deputación ten como finalidade favorecer o envellecemento activo a través de distintos talleres que axudan a optimizar as oportunidades de participación co obxetivo de mellorar a calidade de vida, establecer relacións sociais e fomentar a participación, creando así espazos de encontro e intercambio de experiencias, evitando  situacións de illamento e soidade.

Concretamente esta actividade vai ter unha duración de trinta horas, repartidas en dúas sesións semanais, luns e mercores en horario de tarde, de hora e media de duración. A actividade vai dirixida a persoas maiores de cincuenta anos, ainda que se reserva un 30% das prazas para persoas menores desta idade  que estean interesadas en participar. Priorizarase a participación das persoas con discapacidade.

Debido a que o número de prazas é limitado, é necesario facer reserva de praza o antes posible, dirixindose á oficina da asociación (barrio de Canedo, centro Asprodico, baixo).