Adapta organiza un obradoiro de Primeiros Auxilios

Actividade formativa, de catro horas de duración, co obxectivo de adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran da actuación dos primeiros auxilios básicos. Entre outros temas, tratarase sobre a atención inicial en situación de urxencia mais frecuentes, como poden ser os casos de traumatismos, hemorraxias, queimaduras, etc.

Será o xoves 14 de febreiro, en horario de 16:30 a 20:30, nas instalacions do Centro Asprodico (Ponteareas). A actividade vai dirixida prioritariamene a persoas con discapacidade e afamiliares e/ou coidadores, e taén a profesionais que traballen no eido da discapacidade, ainda que tamén poderán participar todas as persoas que así o desexen, ata cubrir o número de prazas dispoñibles. É necesario facer reserva de praza, dirixindose á Asociacion Adapta  (Centro Asprodico, baixo).