ASPANEMI organiza un obradoiro de reciclaje

O vindeiro sábado 7 de Abril, levarase a cabo o Obradoiro Mensual da Asociación ASPANEMI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía). Terá lugar nos locais 1 e 2 do Local Social de A Solaina, en Narón, no horario de 17:00 a 20:00 horas.

As nenas e os nenos que asistan poderán desfrutar có Obradoiro “ Reduce, Reutiliza, Recicla, Recupera e Inventa...”. Falaremos da importancia das 4 R e posteriormente crearán, con material de refugallo e deixando voar a súa imaxinación, un xogo de mesa, nesta ocasión será un tres en raia, e tamén un pequeno marcapáxinas para conmemorar o Día do Libro que se celebra o 23 de Abril. O final do mesmo os e as asistentes desfrutarán dunha estupenda e saudable merenda.

Hai que lembrar que esta actividade está dentro do programa “Respiro Familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato de ocio programado nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se centran no colectivo no que se basea a actividade da Entidade.