Curso de lecer inclusivo

COGAMI participa no desenvolvemento dun curso sobre lecer inclusivo que organiza en Santiago o centro xuvenil Don Bosco durante o mes de outubro. Esta proposta formativa servirá para identificar os principios de lecer inclusivo a través de diferentes experiencias e perspectivas, e na que se deseñarán propostas de tempo libre accesibles e favorecedoras a todas as persoas.

Durante 40 horas, a formación dividirase en 4 bloques ou partes que comprenderán as claves de modelo de lecer inclusivo, as persoas implicadas, as ferramentas favorecedoras da accesibilidade universal no tempo libre e o deseño dunha proposta.

Para máis información e reserva de praza, accede a este enlace.