Congreso Valor social e desenvolvemento sostible

Os días 21 e 22 de novembro COGAMI organiza o VIII ANNUAL CONGRESS OF GLOBAL ECONOMIC ACCOUNTING: Valor social e desenvolvemento sostible, promovido por GEAccounting, e desenvolvido no marco das axudas ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo na convocatoria de 2019.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social.

PODES CONSULTAR AQUÍ O PROGRAMA.

 

 

 

 

 

                                                                     

LUGAR DE CELEBRACIÓN: CEGADI (Rúa Xosé Chao Rego, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña)

PERSOAS DESTINATARIAS: Persoal directivo de empresas e entidades de economía social e do tecido empresarial galego.

INFORMACIÓN DESTACADA: Dende o punto de vista contable e financeiro, é fácil coñecer o desempeño económico dunha organización analizando os seus estados financeiros, pero hai aspectos que xeran valor para a sociedade e que non quedan recollidos nestes balances; é o valor social. Un valor que se percibe, que pode ser medido, e que vai máis alá do valor de mercado.

A través da contabilidade social COGAMI coñece o valor da súa MISIÓN, que será presentado no marco desta actividade, e permitirá pór de relevo a capacidade multiplicadora da organización cara ao beneficio social común.

INSCRICIÓN: A inscrición é GRATUÍTA (inclúe almorzo de media mañá e xantar).

Para formalizar a inscrición enviarase un correo electrónico á dirección eventos@cogami.gal indicando nome, apelidos, DNI, data de nacemento e cargo na entidade/empresa.

O PRAZO DE INSCRICIÓN ABRIRASE O 6 DE NOVEMBRO. A distribución de prazas asignarase por orde de inscrición.

 

   
CONTACTO  

COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discxapacidade)

Teléfono: 981574698

Correo electrónico: eventos@cogami.gal