• Lecer
  • 19 de octubre de 2018

Adapta organiza unha excursión a Baiona

A asociación Adapta organiza dentro do programa “En Ruta coa Depo” unha excursión a Baiona o próximo venres 19 de outubro. O obxectivo xeral deste  programa é o de crear espazos de unión e convivencia para as entidades participantes, promovendo a igualdade de acceso aos recurso, especialmente para as persoas con discapacidade.

Concretamente a actividade vai consistir nunha xornada de convivencia en Baiona onde poderemos visitar, acompañados dunha guía, o conxunto histórico, a Casa da Navegación, o Paseo de Monte Boi e o Paseo Marítimo. O prezo da actividade é de 12€ por persoa (8€ menores de 12 anos) e inclúe o transporte, o xantar e a guía. A actividade vai dirixida a todas as persoas interesadas, sexan ou non socias de Adapta. Para participar é necesario contactar con Adapta como data límite o luns 8 de outubro.

Para mais información ou para formalizar as inscricións, contactade con Adapta ( 986.916.012 e 662.947.289)