• Lecer
  • 22 de septiembre de 2018

Amarai organiza a II Xornada Ecuestre

O vindeiro sábado 22 de setembro terá lugar a II Xornada Ecuestre no Club Hípico Marco das Pías (Sobrado dos Monxes), organizada por AMARAI. Na mesma participarán socias/os de AMARAI, así como persoas usuarias do Centro de Recursos de Boimorto, e persoas con discapacidade de outras entidades do movemento asociativo. O fin da mesma e tomar conciencia dos importantes beneficios que aporta o contacto co cabalo, así como estreitar lazos entre entidades do mesmo colectivo.

Dada a boa acollida da pasada edición, a previsión e superar o número de particiantes nesta segunda xornada, a cal se organizará con diferentes actividades tales como pintura, coidados e manexo do cabalo, exhibicións… desde as 11:00 ata as 18:00 h.