• Lecer
  • 02 de junio de 2018

ASPANEMI fabrica o seu propio horto colgante

O vindeiro sábado día 2 de xuño levarase a cabo o Obradoiro Mensual da Asociación ASPANEMI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía). Terá lugar nos locais 1 e 2 do Local Social de A Solaina, en Narón, no horario de 17:00 ata as 20:00 horas.

As nenas e os nenos que asistan poderán desfrutar co obradoiro "Os Xardíns Colgantes de Babilonia. O meu propio  horto de fresas". Falaremos da lenda dos Xardíns Colgantes de Babilonia, aprenderán unhas pinceladas sobre a historia da cidade e situala no mapa. E coma pequena homenaxe a esta lenda faremos o noso propio horto colgante, pero esta vez será de fresas que, si se responsabilizan delas e as coidan, pronto poderán degustar. Ao remate, as persoas asistentes gozarán dunha estupenda merenda saudable.

Hai que lembrar que esta actividade está dentro do programa de "Respiro Familiar"; é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato de ocio programado nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se centran no colectivo no que se basea a actividade da Entidade.