• Lecer
  • 15 de septiembre de 2018

AVEMPO visita Portonovo e as illas Ons


A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra AVEMPO vai realizar, o vindeiro sábado 15 de setembro, unha visita á localidade de Portonovo e alí collerá o barco para ir visitar as illas Ons.

Esta actividade, xestionada dentro do programa En Ruta coa Depo da Deputación de Pontevedra, ten un custe de 12€ por persoa e inclúe seguro, desprazamento desde Vigo, comida e guía.

Ata o xoves, 6 de setembro, é posible anotarse e participar desta saída.