Abre prazo de inscrición no programa de termalismo que organiza a Federación COGAMI Coruña

Aberto o prazo de inscrición para aquelas persoas con discapacidade recoñecida do 33% como mínimo e residentes na provincia de A Coruña, que estean interesadas en participar no Programa de Termalismo que organiza a Federación COGAMI Coruña e financia a Deputación desta provincia.

O lugar no que se vai desenvolver o programa é no balneario de Termas de Cuntis e as datas serán o 11, 12 e 13 de outubro. Como existe un número limitado de prazas, a reserva será por orde de inscrición, que terá que realizarse a través deste email fed.cogamicoruna@cogami.gal.

O prazo de inscrición rematará o día 28 de setembro.