ACADAR iniciará obradoiros de emprego e saúde a través do empoderamento

A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR), en colaboración co Concello de Lugo, vai levar a cabo uns obradoiros denominados Emprego e saúde a través do empoderamento.

Van ser catro obradoiros gratuítos, dirixidos a mulleres con discapacidade, e que se impartirán no centro Uxío Novoneyra. Para respectar as medidas de hixiene e seguridade sinaladas polas autoridades fronte ao COVID-19, as prazas son limitadas, garantindo así a correcta distancia entre as participantes.

Estes obradoiros buscan procurar unha mellora da saúde e calidade de vida das mulleres con discapacidade e, para iso, abordaranse ferramentas para o incremento do propio benestar a través da xestión das emocións e autocoñecemento e para aplicar no acceso ou permanencia no mundo laboral.

Haberá dúas quendas a escoller a que mellor se adapte á persoa interesada en participar, sendo estas: luns 9, 18, 26 e 30 de novembro de 10h a 13h ou martes 10, 19 e 27 de novembro, e 1 de decembro, de 10h a 13h.

Para ampliar información, estes son os contactos telefónicos e electrónicos de ACADAR: 674 073 092 ou a través do correo electrónico info@acadar.org