ACEM Santiago organiza un concerto solidario on line pola esclerose múltiple

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.) organiza este outono o seu evento solidario anual, sendo nesta ocasión un concerto de música online, debido a que a crise sanitaria imposibilitou a realización da que sería a VI Carreira-Andaina solidaria.

O martes, 10 de novembro ás 21 horas tocará en directo MJ Pérez e a banda interxeracional Deteriorados para apoiar e visibilizar a esclerose múltiple e recadar fondos para atender as necesidades de persoas afectadas por esta e outras neurodexenerativas semellantes, axudando á mellora da súa calidade de vida.

O concerto poderá ser seguido online e en directo a través da web do estudo A Ponte e as entradas solidarias xa se poden adquirir a 10 euros neste enlace https://apontestudio.com/concerto-solidario-pola-esclerose-multiple/