Algaria inaugura exposición de arte

A asociación Algaria de Persoas con Discapacidade de Xinzo de Limia inaugura exposición de pintura o día 21 de setembro na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

Esta mostra denominada Obradoiro de arte forma parte do programa En-RED-arte, un proxecto financiado pola Consellería de Educación e Cultura no que colabora a Federación Discafis- COGAMI, o concello de Xinzo e Caixa Bank.

A mostra permanecerá aberta do 21 ao 27 de setembro.