Asotrame dedica o mes de novembro á realización de diferentes obradoiros

A Asociación Galega de Trasplantados de Medula Ósea (Asotrame) organiza para o mes de novembro obradoiros gratuítos, dirixidos a pacientes, expacientes, familiares e coidadores de enfermos oncolóxicos.

O día 20 inicia o primeiro destes obradoiros ás 16:30 horas e tratará sobre a Psicoloxía positiva, unha oportunidade para aprender a buscar os factores que contribúen ao desenvolvemento persoal e funcionamento óptimo das persoas. Será no centro Samsara Integral de Narón.

O día 23 de novembro, ás 17 horas iniciará a Marcha nórdica, unha actividade física que incorpora o uso activo de bastóns específicos á maneira natural de camiñar e que outorga beneficios múltiples á persoa. Será no Paseo da Malata en Ferrol.

O día 30 de novembro, ás 19 horas iniciará un obradoiro de Musicoterapia, onde se tratará a música para fins terapéuticos. Será no local social de A Gándara.

As prazas son limitadas, por iso é necesario que reserves a túa canto antes enviando un correo a info@asotrame.com ou chamando ao teléfono 698 130 684.