Aspanemi realiza obradoiro mensual de pintura

A Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía (Aspanemi) realizará un obradoiro de pintura o sábado, 8 de setembro, nos locais 1 e 2 do local social da Solaina en Narón, de 17 a 20 horas.

Esta actividade que ten carácter mensual, desta vez vai estar dedicada á paz, polo que as nenas e nenos que participen estarán realizando un mural que levará por título Aspanemi pola Paz e a non violencia, co motivo do Día Internacional da Paz o 21 de setembro e do Día Internacional da Non Violencia o 2 de outubro.

Durante a tarde tamén ser fará unha solta simbólica de pombas da paz que voarán cos desexos individuais de cada participante. A xornada continuará con xogos e finalizará cunha merenda.

Esta actividade está enmarcada dentro do programa de Respiro Familiar, no que se lle proporciona tempo libre aos proxenitores e familiares dos menores e tempo de lecer aos menores para que gocen da xornada.