Avante organiza unha xornada de pesca adaptada en Val do Dubra


Un ano máis, a Asociación de Persoas con Discapacidade de Val do Dubra (Avante) organiza unha xornada de pesca adaptada na que convida a outras entidades de persoas con discapacidade e familias a que participen.

Organizado por Avante e polo concello de Val do Dubra, a actividade desenvolverase o sábado, 6 de xullo, ás 10:30 horas na área recreativa de Bembibre, no concello de Val do Dubra. Será de carácter gratuíto para as persoas con discapacidade participantes pero as que as acompañan terán un custo de 5 euros.

Ademais da pesca, a xornada vai rematar cun xantar e con baile.