Gala benéfica a favor de ACADAR

O vindeiro sábado, 29 de setembro, ás 20.30h, no Auditorio de Galicia (Sala Ángel Brage), a Asociación Compostela Solidaria xunto o Centro de adestramento Mandala, organizan a IV Gala Solidaria (Festival de Danza) onde a recadación vai para unha entidade do concello sendo, nesta ocasión, ACADAR (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia).

Hai dispoñibles entradas de asento e de fila cero, para aquelas persoas que non poidan acudir e que si queren colaborar igualmente, por 5€ en ambos casos.

As persoas interesadas na compra de entradas pode contactar coas técnicas de ACADAR.