GRUPO DIVERSIDADE FERROL inicia apertura inscrición para cursos de setembro

A Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas inicia en setembro os programas de formación para 2017 no seu local social de Esteiro, que constarán de novos cursos de informática a nivel de usuario de Excel, Word, Powerpoint, Redes Sociais e Búsqueda de Emprego.

Os programas de formación inclúen obradoiros de Motivación e Autoestima, Hixiene Postural, Reciclaxe Creativo, Comunicación e Diáologo, Diversidade e Asistencia Sexual, Resolución de Conflictos, Nutrición, Reflexoloxía Podal e Igualdade, todos eles imparidos por profesionais destes ámbitos.

Os cursos de informática a nivel de usuario van dirixidos especialmente a persoas con discapacidade e tamén ao público en xeral que, por motivos formativos ou xeracionais, non tiveron acceso ás novas tecnoloxías e desexan adquirir os coñecementos básicos que lles permitan adquirir as habilidades necesarias para desenvolverse con soltura na sociedade actual.

Os obradoiros deséñanse para que as persoas usuarias potencien as súas capacidades individuais e acaden o maior grao de autonomía persoal e vida independiente que lles permita un óptimo desenvolvemento na sociedade en igualdade de oportunidades.

Esta campaña formativa conta coa colaboración do Concello de Ferrol e se enmarca dentro do convenio que esta administración ten asinado coa Asociación Grupo Dviersidade Funcional Ferrol e Comarcas para o “proxecto de habilidades sociais e formación para a inserción laboral”.

A inscripción pódese formalizar na oficina da Asociación sita en rúa Colón, no barrio de Esteiro, ou no teléfono 981 930 544 en horario de 9 a 13 horas, ou ben vía mail en diversidadefuncionalferrol@hotmail.com. Os programas de formación son gratuitos.