Adapta inicia curso de alfabetización dixital en setembro


A Asociación de Persoas con Discapacidade de O Condado e Paradanta (Adapta) vai iniciar un curso de Alfabetización Dixital o 4 de setembro durante los martes e xoves en horario de 17 a 19 horas, constando de 35 horas de duración.

Este curso forma parte do programa Conectadas e pono en marcha o Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra, co fin de potenciar a participación e a promoción das mulleres e favorecer as relacións interpersoais igualitarias, impulsando accións formativas e incorporando de maneira transversal os principios de igualdade, corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

Coa impartición deste curso, a asociación Adapta pretende mellorar a formación básica das mulleres da comarca para favorecer as relación interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento  no mercado de traballo e reducir a fenda dixital mediante a utilización da información e das novas tecnoloxías.

O curso ten un custo de 6€. Para reservar praza,  contactar coa asociación chamando ao 986 916 012 ou 662 947 289, ou dirixirse ás instalacións que ten abertas no centro Asprodico.