Ambar realiza xornada de presentación proxecto I Work

A Asociación Ambar da comarca da Barbanza pon en marcha I Work, un proxecto pioneiro na área de emprego sobre estratexias de negocio de diversidade e inclusión que axudan a  que a empresa sexa máis competitiva e innovadora hoxe en día.

Este proxecto, que é innovador en Galicia, está cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, Obra Social “la Caixa” e o Premio a Proxectos Innovadores Fundación Repsol. O obxectivo é trasladar a importancia de contar cunha estratexia de inclusión e diversidade para o crecemento da empresa.

As empresas que participen no proxecto I WORK durante 2019 beneficiaranse de asesoramento en materia de contratación de persoas con discapacidade, procesos de selección inclusivos, cultura laboral inclusiva e traballarase en casos específicos de adaptación de postos e emprego con apoio. As persoas interesadas soamente teñen que inscribirse na xornada de presentación, para poder desfrutar gratuitamente dos beneficios do proxecto.

A xornada de presentación será o mércores 9 de xaneiro, de 10:00h a 11:30h, no Salón de Eventos Baiuca en Artes, en Ribeira. Durante esta xornada salientaranse os beneficios de contar cunha estratexia de inclusión e diversidade, incluíndo os beneficios económicos de contratar a persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. Especialmente incidirase nas subvencións e axudas á contratación na empresa ordinaria da Consellería de Economía, Emprego e Industria e nas bonificacións da cota á seguridade social que presenta o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Poderán asistir todas as persoas empresarias e axentes de emprego da comarca, como responsables de selección de persoal e técnicos de emprego entre outros.

As persoas interesadas en asistir á xornada, poden inscribirse a través do teléfono  981 874 480, ou enviar un correo a empregoinclusivo@asociacionambar.org. Tamén poden anotarse directamente a través do seguinte dirección web: bit.ly/2TqRGcz