Íntegro organiza unha Masterclass Solidaria para a adquisición de vestiario deportivo

Co obxectivo de recadar fondos para a adquisición de vestiario deportivo para os usuarios e usuarias do centro de día e do centro de recursos, a asociación Íntegro está a organizar unha nova actividade de carácter benéfico aberta á participación do público en xeral. Trátase dunha Masterclass Solidaria de Zumba e Pilates, prevista para o vindeiro 9 de xuño no pavillón municipal de Cabana.

Dur ante a xornada, que se desenvolverá ao longo da mañá en horario de 11 a 13 horas, realizaranse sesións continuas de zumba e pilates dirixidas a toda a familia coa intención de fomentar estas prácticas deportivas e gozar dun día de convivencia e diversión sen parar de moverse. Por unha banda,  as clases de zumba serán impartidas pola empresa Actívate Lorena Eirís, especializada en actividades de ocio, tempo de lecer e adestramento personal, mentres que a actividade de pilates correrá a cargo da fisioterapeuta do centro e responsable da Clínica de Fisioterapia Eva Senande.

As persoas interesadas en participar nesta orixinal iniciativa xa poden realizar as súas inscricións chamando ao 981 734 985 ou ao 981 754 323, ou enviando un e-mail a info@integro.es. As 50 primeiras reservas recibirán como premio un agasallo por parte da organización. O prezo das entradas será de 5 € para os adultos e 2€ para os menores de 14 anos.