A Carreira da Muller destinará a recadación dos dorsais solidarios a ACADAR

O vindeiro 22 de setembro celébrase a sétima edición da Carreira da Muller na cidade de A Coruña, coa que se persegue concienciar sobre a importancia da muller no deporte e loitar contra a violencia de xénero e o cancro de mama. Nesta ocasión, o recadado a través dos dorsais solidarios será destinado á Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) que ten como finalidade promover, coordinar e reivindicar a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade en todos os ámbitos da súa vida.

A persoa interesada en participar na Carreira da Muller pode inscribirse a través da páxina web www.carreradelamujer.com/coruna. Nesta páxina poderá especificar que quere colaborar coa asociación ACADAR e contribuír nalgúns dos programas da entidade a favor das mulleres con discapacidadA

Durante este 2019 celébranse 8 carreiras en toda España. Polo pronto, 64.000 mulleres aproximadamente, veñen de participar nas diferentes carreiras xa celebradas en Valencia, Madrid, Xixón e Vitoria-Gasteiz. Nas cidades de A Coruña, Sevilla, Zaragoza e Barcelona levaranse a cabo nos vindeiros meses.