AACU Ourense participa en Expourense no XX Congreso Estatal de Voluntariado

Os días 28 e 29 de novembro de 2018 ACCU Ourense estará presente no recinto feiral de Expourense para a celebración do XX Congreso Estatal de Voluntariado.


Prevese que numerosas persoas e entidades asistan a este simposio no que teñen cabida todas as persoas relacionadas co voluntariado e a solidaridade: organizacións non gubernamentais, administracións públicas e empresas.

Entre os obxectivos do congreso está o de debater sobre o futuro do voluntariado e baixo a lenda "Enlázate ao voluntariado" poñerase o énfase na importancia que as accións altruístas teñen para avanzar cara unha sociedade mellor así como para unha futura empregabilidade das persoas máis novas.

ESPERÁMOSVOS!