ACCU organiza mesa informativa polo Día mundial das enfermidades inflamatorias intestinais

A Asociación de Crohn e colite ulcerosa de Ourense, ACCU Ourense, estará presente o 16 de maio de 2019 na entrada principal da Residencia no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense coa instalación dunha mesa informativa de sensibilización, concienciación e visibilización con motivo do Día mundial das enfermidades inflamatorias intestinais.

Esta actividade está enmarcada dentro dos programas de Atención á dependencia e autonomía persoal do 0.7 % do IRPF da Xunta de Galicia xestionado por COGAMI.