Actos nos que vai participar COGAMI e o seu movemento asociativo durante o 3 de decembro, Día Internacional da Discapacidade

Provincia de A Coruña

As Pontes: A Asociación Discapacitados Activos de As Pontes (A Xanela) organiza unha obra de teatro na que o grupo Aspanane de Viveiro representa O pícaro de Viveiro e os cegos e o elefante, que se interpretará na Casa Dopeso ás 17 horas.

Muros e Outes: A Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) celebra unha xornada de portas abertas no centro que teñen en Valadares, en Outes, e logo a partir das 11 horas expoñerán os produtos que realizan no centro nos soportais da Avenida Castelao de Muros e fronte á Casa da Cultura en Outes.

Melide e Boimorto: A Asociación de Persoas con Discapacidade de Arzúa e Terra de Melide (AMARAI), o día 3 de decembro de 11:30 a 13:30 horas realizarán unha xornada de Sensibilización e visibilización na Praza da Universidade de Melide. Durante a tarde, de 17:30 a 19:30 horas realizarán na Casa da Cultura de Boimorto unha representación teatral a cargo da compañía Cabrot Teatro “Güeting for CV” con entrada gratuíta.

Ribeira e A Pobra: A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional o día 3 ás 11:30 horas realizarán unha master class de zumba na Praza do Concello e no caso de que chova, trasladarase á Praza de España. Ás 13 h. inaugúrase na Casa do Concello de Ribeira a exposición “Con xeito, diversidade na arte”, e lerase un manifesto.  Ás 18:00 h. o grupo Artellar actuará no Auditorio de Ribeira, con entrada libre. O día 4 presentará no concello de A Pobra do Caramiñal o calendario solidario 2020.

Teo: A Asociación de Persoas con Discapacidade de Compostela e Comarca (AMICO) durante o día 3 de decembro impartirá unha charla na biblioteca municipal de Cacheiras, no concello de Teo, ás 11:15 horas. Na charla, á que asistirá o concelleiro de Servizos Sociais, informarase sobre a rehabilitación

A Coruña: Grupo de Persoas con Discapacidade de A Coruña (GRUMICO) participarán na actividade Baixo o mesmo paraugas que se celebrará en María Pita de 11:30 a 13 horas.

Santiago: COGAMI participará no acto que vai celebrar Cermi Galicia ás 11:30h. na sede Afundación de Santiago, onde se vai ler un manifesto, proxectarase un vídeo do 20 aniversario da organización, pechando o acto o presidente de Cermi Galicia acompañado da Conselleira de Política Social. Ás 12 dirixiranse á Praza do Obradoiro para participar na actividade Baixo o mesmo paraugas.

Ponteceso: a Asociación de persoas con diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra (Integro) o día 3 de decembro participará de 10:30 a 13:30 horas nunha xornada de convivencia con escolares do colexio Eduardo Pondal de Ponteceso na que se levarán a cabo actividades de sensibilización.

Carballo: Asociación de persoas con diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra (Integro) realizará a actividade Contos para un mundo mellor que se desenvolverá ás 18 horas na Biblioteca Rego da Balsa Carballo e contará coa presenza de Gloria Mosquera e Diego Maceiras.

Noia: A Asociación Misela durante o día 3, ás 11 horas abrirán un posto no que porán á venda os calendarios solidarios 2020. As persoas que se acheguen poderán participar nunha campaña que puxo en marcha a entidade nas redes sociais co hastagh #nossomosigualdecapaces.

Provincia de Lugo

Lugo: O centro de recursos que COGAMI ten en Fingoi participará ás 12 horas na actividade Baixo o mesmo paraugas que se vai desenvolver na Praza Maior do concello. A asociación AUXILIA ÁS 12 horas procederá á lectura do manifesto na Praza Maior e logo participará tamén na actividade Baixo o mesmo paraugas.

Provincia de Ourense

Ourense: As entidades Federación Discafis-COGAMI, Asociación de Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple de Ourense (AFFOU), Aixiña, Alcer, Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, ELA, Párkinson e outras enfermidades neurodexenerativas (AODEM) e ALGALIA participarán na xornada Baixo o mesmo paraugas que se vai desenvolver ás 12 horas na Praza Maior do concello de Ourense.

O Barco Valdeorras: A Asociación de Persoas con Discapacidade de Valdeorras (DISVALIA) realizarán ás 10 horas un mercado de flores na Praza do Concello de O Barco, actividade que aproveitarán para vender lotería de Nadal.

Provincia de Pontevedra

Ponteareas: A Asociación ADAPTA organiza ás 18 horas unha xornada sobre deporte e discapacidade no Salón  de plenos do concello de Ponteareas, que contará coa presenza  da Secretaria da Federación Galega de Deporte Adaptado, Susana García; o ciclista, Borja Gómez; representantes do proxecto DisCamino, Javier Pitillase Gerardo Fernández; e o tenista paralímpico, Álvaro Illobre.

Pontevedra: A Asociación de Persoas con Discapacidade de Pontevedra (Amizade) e as persoas usuarias do centro de recursos de Monteporreiro estarán ás 12 horas na Praza da Ferrería para participar na actividade Baixo o mesmo paraugas. O día 4 de decembro, ás 19:30h farán un acto de presentación de Voces Ocultas que se levará a cabo no sexto edificio do Museo de Pontevedra.

Vigo: A Federación COGAMI Pontevedra, a Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade, a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra AVEMPO e o centro de recursos que COGAMI ten en Mos participarán o 3 de decembro na actividade Baixo o mesmo paraugas que se vai desenvolver ás 12 horas en Vigo, na Praza da Estrela e logo moverase polo Porto de Vigo e Nave do Tinglao.

Lalín: O centro de recursos que COGAMI ten en Medelo participará na Concentración pola diversidade, actividade do programa Lalín Diverso, que se desenvolverá ás 12 horas na Praza da Igrexa do concello de Lalín, e no caso de que chova, dentro do propio concello.

Silleda: O centro de recursos que COGAMI ten en Medelo participará tamén nunha xornada de sensibilización de 11 a 14 horas na Casa da Cultura de Silleda. Realizarán actividades de sensibilización, concienciación e visibilización  con alumnado dos do CEIP Plurilingüe de Silleda (5º curso) e ao alumnado do Colexio Maria Inmaculada (5º e 6º curso). Tras visitar a exposición fotográfica NÓS, realizarán un circuíto multisensorial.