ADAPTA realiza xornada sobre a discapacidade: Coñecendo a lesión medular

O vindeiro luns 3, de decembro, no salón de plenos do concello de Ponteareas, Adapta organiza unha Xornada sobre Discapacidade, co gallo da cellebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. A tematica sobre a que se falará será a lesión medular dende diferentes aspectos. Intervendrán na xornada Felix Rubial Bernardez, xerente da EOXI (Estructura organizativa de xestion integrada) de Vigo. Lois Gonzalez Dopazo, fisioterapeuta e prestixioso profesor (xubilado) da Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo, e por último intervendrá Victor Tasende, deportista, escritor e coach,que nos falará sobre a súa experiencia persoal.

Será o próximo luns, 3 de decembro, as 18:30 horas, no salon de plenos do concello de Ponteareas (1º andar). A entrada é gratuita ata completar aforo.