Alcer celebra o Día do Doante de Órganos con actividades por toda Galicia

Actividades programadas de Alcer para sensibilizar durante o Día do Doante de Órganos:

O día 5 de xuño, haberá colocación de mesas informativas en:

En A Coruña estarán no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, Hospital San Rafael e centro de saúde de Culleredo de 10 a 14 horas. No Corte Inglés estarán de 17 a 20 horas.

En Ferrol estarán no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, no Juan Cardona e no concello de Narón de 10 a 14 horas. Durante a tarde, de 17 a 20 horas estarán no centro comercial Odeón.

En Santiago estarán no Complexo Hospitalario Universitario e no centro socicultural deo Ensanche de 10 a 14 horas e durante a tarde, ás 16 horas, estarán no centros socioculturais de Fontiñas e Vite.

En Lugo haberá mesas informativas instaladas no Mercado de Ribadeo, no concello de Lugo, na Xunta de Galicia e no Hospital Universitario Lucus Augusti en horario de 10:30 a 14 horas. No centro comercial As Termas estarán durante a tarde, a partir das 16:30 horas.

En Ourense, estarán na rúa do Paseo as 10 horas e ás 11 horas inaugurarase unha carpa ante a presenza de autoridades e medios de comunicación.

En Pontevedra, instalaranse mesas informativas ás 10 horas na praza da Pergrina.

En Vigo estarán informando dende o Hospital Álvaro Cunqueiro a partir das 10 horas.

En Vilagarcía Alcer informará sobre a doazón na praza de Galicia ás 10 horas.