AMBAR estrea proxecto de danza Elas a favor do empoderamento da muller


A asociación Ambar inaugura o sábado, 9 de novembro, ás 13 horas no teatro cine Elma na Pobra do Caramiñal Elas, un proxecto que promove o empoderamento, a equidade e a loita contra a violencia de xénero a través da danza.

A obra estará representada por persoas usuarias da entidade e serán elas as que amosen a súa visión sobre xénero e discapacidade cunha mensaxe focalizada na loita contra a violencia de xénero, onde as protagonistas seremos todas.

Unha vez rematada a performance, abrirase un coloquio coas artistas que estarán acompañadas de Clara Ferrao coreógrafa e bailarina, activa no proxecto “Corpo a terra” e que dirixiu a peza. As propias artistas contarán as súas vivencias e o proceso desempeñado para realizar unha peza desta calibre.

Esta acción está promovida pola Axencia de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia a través do Asociación de Desarrollo Local DELOA.