AMIZADE organiza a III Xornada Multideportiva adaptada

O venres 15 de xuño e sábado 16 de xuño, Asociación de Persoas con Discapacidade de Pontevedra (Amizade) en colaboración coa Fundación También, organizan a III Xornada Multideportiva adaptada na Alameda de Pontevedra, de 10 a 14 horas.

Durante a xornada poderanse probar distintos deportes adaptados como baloncesto, tenis de mesa, bolos, slálom en cadeira de rodas, circuítos de sensibilización, tiro con arco, bádminton, entre outros.  

Como o venres 15 de xuño está prevista a afluencia de colexios, dende a entidade prefiren que se asista o sábado 16 de xuño, día que contará coa actuación do cantautor Tomas Ousider.