Barbería solidaria en Tomiño a favor da asociación Vontade


As persoas que precisen un corte de pelo poden esperar ata o 6 de outubro para facelo porque nesta data vaise levar a cabo en Tomiño, na Praza do Seixo, unha barbería solidaria a favor da Asociación de Persoas con Discapacidade do Baixo Miño, Vontade.

Os 7 euros que custará o corte de pelo van ser doados integramente a esta entidade, para que poidan levar a cabo programas a favor da inclusión e da igualdade, como vén facendo ata o de agora a asociación.

Organizado por Espazo Vip Peluqueros e contando coa colaboración do concello de Tomiño e o apoio do actor e humorista Carlos Blanco, ademais de barbeiros e barbeiras, a praza acollerá unha festa na que non faltará música, baile e tamén inchables para diversión de nenas e nenos. Para as persoas máis ousadas, tamén terán a disposición, e como novidade, tatuadores profesionais.