COGAMI participa na II Mostra Internacional do Mundo do Lecer


O centro de recursos Fingoi que COGAMI ten en Lugo participa na II Mostra Internacional do Mundo do Lecer (MIMOC 2019) que se celebra en Expocoruña os días 15,16 e 17 de febreiro.

Durante estes tres días, compartirán espazo empresas destacadas no mundo do lecer para dar a coñecer novidades do sector a través dun ambiente cheo de diversión e de práctica de actividades deportivas, actuacións musicais e charlas.

O sábado, 16 de febreiro, en horario de 11 a 14 horas, persoas traballadoras e usuarias de Fingoi farán unha exhibición de boccia, unha maneira de achegar un deporte paraolímpico ao resto da sociedade. Durante a tarde, de 16 a 18 horas practicarán un futbolín humano onde a diversidade estará moi latente en todo o partido.

Se queres ampliar información, atoparala neste enlace https://mimoc.eu/