COGAMI únese á conmemoración dos actos polo Día Mundial da Xustiza Social


Dende novembro de 2007 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 20 de febreiro como o Día Mundial da Xustiza Social, unha data significativa para apoiar a erradicación da pobreza e promover o emprego pleno e o traballo decente, a igualdade entre os sexos, e o acceso ao benestar e a xustiza social para todas as persoas.

Dende a Rede TIL (Rede de Técnicas de Inserción Laboral de Lugo), na que participa o Servizo de Orientación e Intermediación laboral de COGAMI en Lugo, únense á conmemoración dos actos coa celebración do acto Xustiza Social e Emprego, que terá lugar o mércores 19 de febreiro ás 18:30h. no Auditorio do vello Cárcere de Lugo.

A través deste a Rede TIL pretende que os axentes de emprego, as administracións e o conxunto da sociedade, deben velar por garantir resultados equitativos para todas as persoas a través do emprego, a protección social, o diálogo social, e os principios e dereitos fundamentais no traballo.

Este acto, de carácter gratuíto, está aberto a toda a sociedade lucense que queira asistir.

Rede TIL

A Rede de Técnicas de Inserción Laboral de Lugo é un foro de encontro, discusión e traballo das entidades do terceiro sector e o Campus Universitario de Lugo que forma parte da Universidade de Santiago de Compostela, que ten como misión afondar no coñecemento e intercambio de estratexias, modelos e boas prácticas no eido da orientación, asesoramento e intermediación laboral.

O noso obxectivo é acadar maiores cotas de empregabilidade das persoas participantes.