ConArtritis celebra a XV Xornada Anual en Santiago


A asociación ConArtritis pon en marcha o 28 de setembro a campaña `Outubro, mes da artrite e espondiloartrite´ coa celebración da XV Xornada Nacional de Artrite en Santiago de Compostela, no hotel Tryp Santiago a partir das 16:30h. A xornada continuará o 29 de setembro co percorrido do último tramo do Camiño Francés dende o Monte do Gozo ata a praza do Obradoiro, lugar onde se formará unha cadea humana para visibilizar ás persoas que teñen artrite.

Programa do sábado, 28 de setembro:

16:30 a 17:30 h.  Acreditacións

17:30 a 17:45 h.  Inauguración

17:45 a 19:15 h.  Xornada-Debate

19:15 a 19:30 h. Clausura de la Xornada.


Domingo 29 de setembro: Andaina e Cadea humana. Haberá un servizo de autobús habilitado para poder trasladar ás persoas ata o Monte do Gozocon saída ás 10 horas dende o Hotel Tryp de Santiago,

10:00 a 11:50h. Andaina dende o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro.

12:00 a 12:30h. Cadea humana e gravación de vídeo para dar visibilidade á artrite na Praza do Obradoiro.