EXPOSICIÓN REFLEJOS DE VIDA, DE ASOTRAME

O proxecto expositivo de ASOTRAME, "Reflejos de Vida", chega a Ferrol. Do 2 ao 7 de xullo podes coñecer os traballos realizados polas nenas e nenos dos colexios de educación primaria de Coruña e Ferrol.

Con motivo da exposición, ASOTRAME, Asociación Galega de Transplantados de Medula Ósea, preparou ademais un completo programa de actividades paralelas, como unha interesante mesa informativa o día 6 xullo, de 10:30 a 12:30 h, e unha sesión de contacontos a cargo de Dani Ríos o xoves 5 de xullo ás 12:00 h.

O proxecto

Durante o 2018 ASOTRAME pon en marcha un programa de información é sensibilización sobre a doazón de medula ósea, un proxecto que se desenvolverá en centros de educación primaria da provincia da Coruña, onde, a través dun conto, informarase ás/aos máis pequenos (doantes do futuro), sobre todo este proceso.

Ao finalizar cada unha destas actividades, pídeselles aos participantes que plasmen, a modo de conto, cómic, historia, ou calquera outra manifestación artística, todo o aprendido sobre o tema.