Federación Alcer Galicia organiza un encontro de familias con menores con enfermidade crónica


A Federación Alcer Galicia organiza un encontro de familias Medro con Alcer 2018. Será o sábado, 17 de novembro, de 10 a 14 horas na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela (Rúa de Madrid, 2, en Fontiñas).

As persoas destinatarias desta xornada son familias participantes no programa Medro con Alcer da Federación de Galicia, tendo por finalidade a creación dun espazo dende a calidade e a calidez, baseado na información, participación e reunión para as familias e menores participantes no programa.

Os obxectivos destas xornadas serán informar sobre aspectos relevantes de enfermidade renal cando afecta a menores de idade, compartir experiencias e fomentar o apoio mutuo das familias.