Fibrose Quística organiza unha exposición e venda solidaria de fotografías

Do 14 ao 22 de decembro na sala de arte Apo´strophe de Vigo abrirá unha exposición con venda solidaria das fotografías.

Son 30 fotógrafos que expoñen as obras de 30x30 centímetros e que as venden a un prezo de 30 euros que irán destinados como doazón á asociación Galega de Fibrose Quística.

A sala de exposicións estará aberta de 10 a 14 horas e de 16 a 21 horas.