Gala benéfica a favor de AODEM

A Asociación Ourensá de Escleroses Múltiple ELA, Parkinson e outras Enfermidades Neurodexenerativas (AODEM) celebra a II Gala Benéfica a favor da entidade no Auditorio de O Carballiño, o sábado, 30 de marzo, ás 20 horas.

A presentadora Cristina Maró vai ser a encargada de conducir este evento no que van particiar o Conservatorio de Música de O Carballiño, o Grupo Orcellón Baile Rexional de O Carballiño, a Escola de Danza Municipal do Carballiño, a Academia de Baile Catro Pasos, Don´t Stop e Moovett.

Durante as actuacións, tamén haberá un momento destinado a que AODEM dea a coñecer o seu labor a favor das persoas que teñen enfermidade neurodexenerativa.

A recadación será destinada integramente á realización de actividades por parte da entidade.