Lirega lanza un concurso audiovisual para visibilizar as enfermidades reumáticas

O mes de outubro está dedicado ás enfermidades reumáticas e músculo esqueléticas, por iso, a Liga Reumatolóxica Galega lanza o concurso Silencio. Reuma! para promover a realización de vídeos cortos e orixinais sobre enfermidades reumáticas e músculo esqueléticas.

Todas as persoas interesadas en participar teñen ata o 25 de outubro de 2019 como data límite para presentar os seus traballos, tendo que ser estes dunha duración inferior a 1 minuto, en idioma galego, castelán ou inglés, e debe ser unha obra orixinal sen ser difundido anteriormente.

Toda a información neste enderezo: https://liga-reumatoloxica-galega.webnode.es/silencio-se-reuma/