“Móllate pola Esclerose Múltiple” chega a Vigo o vindeiro domingo

Este ano mollámonos no mar de Vigo pola esclerose múltiple nunha gran festa popular, aberta á cidade e gratuíta. A iniciativa pretende visibilizar unha enfermidade neurolóxica e sen cura dunha maneira lúdica, dando un salto á auga como símbolo de solidariedade coas máis de 3000 persoas que teñen EM en Galicia.

A cita é na Praia de Samil a partir das 10:30 da mañá con xogos e actividades para toda a familia durante todo o día. Tamén haberá música en directo, talleres, concursos e moito máis! A continuación podes consultar o programa completo:

As camisetas do Móllate-Mójate

Ademais de gozares de numerosas e moi diversas actividades, podes adquirir as camisetas oficiais decoradas con deseños orixinais cedidos en exclusiva para a campaña por Katuki Saguyaki, que demostra o seu compromiso co evento regalando unha imaxe divertida e refrescante.

O merchandising pode adquirirse na sede de AVEMPO (Ría Camilo Veiga, 44) ou a través do correo mojate@esclerosismultiplegalicia.org co asunto "Camisetas Mójate". O importe da venda destinarase ao financiamento de proxectos orientados a mellorar a calidade de vida das persoas con esclerose múltiple.