O ano 2020 inicia co aniversario de COGAMI: xa son trinta anos os que cumpre a nosa Organización.
Gustaríanos que ti puideras participar neste aniversario dunha maneira moi sinxela:
Esta campaña empezará a partir do 1 de xaneiro, así que tés tempo para idear a túa felicitación.
Podes falar, cantar, bailar, interpretar, ... en fin, as felicitacións poden ser tan diversas como as ideas que teñades.
Os vídeos vanse ir publicando durante todo o ano, polo tanto, non poñemos data final, aínda que nos gustaría que os forades enviando para poder ir organizando a difusión.