Xornada Emprega TIL 2 en Lugo

Coincidindo o 20 de febreiro coa celebración do Día Mundial da Xustiza Social, as entidades que conforman a Rede TIL, sendo unha delas COGAMI, queren contribuír á demanda de xustiza social e dignidade no mercado laboral.  Mediante a xornada EMPREGA-TIL 2 preténdese achegar as boas prácticas que contribúen a este obxectivo.

Descarga aquí o programa.

A Rede TIL é un foro de encontro, discusión de traballo entre persoal técnico de inserción laboral de Lugo de entidades do terceiro sector, en coordinación co campus de Lugo da Universidade de Santiago para afondar en estratexias, modelos e formas de actuación, para mellorar o labor das entidades participantes e acadar maior grao de eficacia.

A Rede TIL permite o intercambio de experiencias e apoio  no desenvolvemento das funcións de diferentes profesionais especializados na orientación, asesoramento e intermediación laboral.

Dentro da rede TIL están COGAMI, ASFEM-AFAMMER, Cáritas Diocesana de Lugo, Cruz Roja, Down Lugo, FADEMGA, FAXPG, FEAFES Galicia, Fundación Secretariado Gitano, Igaxes e a  Universidade de Santiago de Compostela a través da Área de Orientación e Inserción Laboral do Campus de Lugo.