Pretendemos que os servizos e actividades que realizamos, tanto directamente como a través das nosas entidades membro, sexan sinónimo de confianza e compromiso para os nosos grupos de interese, pola calidade coa que se proporcionan e pola busca continua da innovación nos ámbitos da inclusión socio-laboral, da accesibilidade universal, do deseño para todas as persoas e do desenvolvemento e xestión de organizacións de persoas con discapacidade. Para elo comprometémonos a:

1º. Deseñalos tendo en conta as necesidades e expectativas de cada un dos grupos de interese.

2º. Executalos de acordo cos requisitos establecidos coas persoas  destinatarios e persoas/organizacións financeiras.

3º. Cumprir coa normativa que puidera ser aplicable.

4º. Mellorar de forma continua a eficacia do Sistema de Xestión da calidade e innovación implantado.

Por todo isto, a Dirección de COGAMI asume uns compromisos, que podes descargar aquí para velos.