COGAMI, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, é unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública e constituída por 58 asociacións e delegacións de entidades de persoas con discapacidade física e orgánica. Presta servizos ás persoas con discapacidade e xestiona directamente 11 iniciativas empresariais de economía social que empregan a máis de 800 persoas.

As entidades que conforman COGAMI, 16 son asociacións membro directo, sendo 4 destas federacións provinciais, 2 entidades autonómicas e 11 asociacións comarcais. Á súa vez, as catro federacións están integradas por outras asociacións, ata chegar a formar un movemento asociativo integrado por 58 entidades.

A nivel autonómico, COGAMI é unha das fundadoras do Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) e tamén da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia). A nivel estatal, forma parte de COCEMFE (Confederación Coordinadora Estatal de Personas con Discapacidad Física y Orgánica de España).

Listado de Secciones