O modelo de xestión está avalado polas certificacións de calidade que mantemos

 

           

Na busca da excelencia dos servizos prestados, COGAMI comezou en 2006 un proceso de implementación dun sistema de xestión da calidade baseado nos oito principios da xestión da calidade: liderado, orientación aos principais grupos de interese da entidade, participación do persoal, xestión por procesos, enfoque de sistema para a xestión, mellora continua, enfoque baseado en feitos para a toma de decisións e relacións mutuamente beneficiosas cos principais provedores da entidade.

Este proceso culminou cos dous principais servizos da entidade coa obtención do SELO EXCELENCIA EUROPEA 400+ do modelo EFQM.