A Misión de COGAMI é conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas. 

A Visión é a dun movemento asociativo consolidado e amplamente recoñecido pola sociedade en xeral, polos seus valores e liderado na busca de novas metodoloxías de traballo coas persoas  con discapacidade e na prestación de servizos de excelencia dirixidos ás mesmas.

En termos xerais, COGAMI adhírese á Declaración Universal dos Dereitos Humanos, á carta de Dereitos Sociais da UE, ás normas unificadas de Igualdade e á Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. COGAMI, adopta ademais estes valores:

 

Valores de Xestión:

Transparencia

Mellora continua

Innovación

Calidade

Profesionalidade

Democracia interna

Enfoque de xénero

               Valores da entidade:

               Defensa de dereitos das persoas con   discapacidade

               Igualdade interseccional

               Solidariedade

               Participación

               Implicación Social

               Independencia