EAPN Galicia

A Rede Galega contra a Pobreza é unha entidade non lucrativa e de acción social que agrupa a entidades autonómicas do terceiro sector, sendo COGAMI unha destas,  implicadas na loita contra a pobreza e a exclusión a través da defensa dos dereitos dos colectivos en risco e da súa participación comunitaria plena.

EAPN Galicia nace en setembro de 2008 como resposta natural á necesidade de crear unha ferramenta de intervención social capaz de elaborar estratexias que incidan nas políticas sociais desenvolvidas en Galicia.

Na actualidade, está constituída por 126 ONG a través de 21 entidades membro representativas de colectivos vulnerables, que unen en rede os seus esforzos para acadar sinerxías e crear unha plataforma que denuncie as desigualdades sociais, que canalice e dea voz ás demandas do sector para a súa introdución na axenda política.