Consellería de Cultura e Turismo

Consellería de Cultura e Turismo

Secretaría Xeral de Política Lingüística

Dende 2018 a Secretaría Xeral de Política Lingüística está a apoiar un programa de actuacións en lingua galega para que o alumnado galego que requira una atención educativa diferente á ordinaria acade o máximo desenvolvemento das súas capacidades. Deseñarónse materiais didácticos e xogos on line para que o alumnado, ao mesmo tempo que aprende, poida divertirse. O éxito destes materiais dou lugar a que en 2019 se realizara un capítulo audiovisual sobre patios inclusivos.

Convocatoria O teu Xacobeo

En 2019, un grupo formado por 19 persoas usuarias e traballadoras do centro de recursos que COGAMI ten en Medelo realizaron un traxecto do Camiño Portugués durante catro días. Esta actividade forma parte dun proxecto presentado á Consellería de Cultura e Turismo no marco de dinamización do Xacobeo 2021, dentro do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia. Baixo o lema `Rodando no Camiño´, esta experiencia foi gravada en vídeo para posteriormente editar un documental no que os principais protagonistas desta aventura, as persoas usuarias do centro de recursos de Medelo, contan a súa vivencia en primeira persoa.

Programa En-Red-Arte

Dende o ano 2017 participaron un total de  262 persoas do movemento asociativo de COGAMI no programa de obradoiros creativos En-Red-Arte. Nel ealizáronse 16 obradoiros de disciplinas como a fotografía, teatro, danza, pintura e música.

As dúas primeiras edicións remataron cunha exposición de pinturas e esculturas na Cidade da Cutlura.