Consellería de Economía, Emprego e Industria

Consellería de Economía, Emprego e Industria

A través da financiación que aporta esta Consellería, COGAMI mantén o Servizo de Orientación Laboral con 28 profesionais que realizan labores de entrevistas e orientacións, visitas a empresas, accións grupais de técnicas de busca de emprego e de motivación, ademais de intermediación laboral entre a persoa usuaria e a empresa. 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria tamén apoia a contratación de axentes de emprego e/ou unidades de apoio para a creación de emprego polas entidades sen ánimo de lucro mediante o financiamento de 7 profesionais que realizan labores de intermediación laboral coa empresa ordinaria, fomento do autoemprego entre o colectivo das persoas con discapacidade e a través da modalidade de emprego protexido nos centros especiais de emprego sen fins de lucro.

A través da subvención para a posta en práctica de Programas Integrados de Emprego en Galicia durante os anos 2015 e 2016, COGAMI traballa con 90 persoas desempregadas con discapacidade, tendo como obxectivo dotalas de ferramentas e de formación para que poidan inserirse, polo menos o 44% das persoas que están no programa.

COGAMI conta cun Servizo Interdisciplinar de Atención Integral á Discapacidade a través do financiamento de 5 profesionais para realizar actividades de atención rehabilitadora, habilitación persoal e social, coidados persoais e asistencia especializada co fin de acadar o máximo desenvolvemento das súas capacidades. A Consellería financia estes servicio a través da subvención para a Contratación de Traballadores Desempregados para Fundacións e Entidades sen Ánimo de Lucro (ano 2015).

A través do programa ACTIVA, contamos cunha subvención para a contratación de 2 persoas que supoñen un reforzo para mellorar os servizos de atención integral ás persoas con discapacidade, tanto de atención directa como de xestión da organización.

A través da subvención para a contratación de traballadores desempregados polas fundacións e entidades sen ánimo de lucro (persoas vítimas de violencia de xénero) contamos con 2 profesionais de reforzo do equipo dos servizos de atención á discapacidade.

Coas subvencións para a programación de accións formativas dirixidas a persoas desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 17/18 e 18/19 realizáronse 24 cursos de formación para persoas desempregadas, onde se formaron 312 persoas con discapacidade en diferentes certificados de profesionalidade.

Dentro das subvencións para a contratación de traballadores desempregados polas entidades sen ánimo de lucro. Programa operativo de emprego xuvenil, a Consellería financia un programa de mellora de servizos de atención á discapacidade a través da contratación de 4 persoas que reforzan o equipo de profesionais de atención directa e de xestión da organización.

COGAMI a través das subvencións para o fomento do emprego e dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas fundacións e entidades sen ánimo de lucro conta cun Servizo Interdisciplinar de Atención Integral ás Persoas con Discapacidade.

En canto á muller con discapacidade, a Consellería financia a través das subvencións para o fomento do emprego os programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro o Servizo Interdisciplinar de Atención Integral ás Persoas con Discapacidade. Outro programa, desta vez destinado ás mulleres vítimas de violencia de xénero finánciase a través da subvención a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas fundacións e entidades sen ánimo de lucro.